Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como ter un matrimonio máis unido

Como ter un matrimonio máis unido

Abraham e Sara son un bo exemplo de amor e respecto mutuos (Xén. 12:11-13; 1 Pe. 3:6). Inda así, o seu matrimonio non era perfecto e pasaron por problemas. Que poden aprender os casados do seu exemplo?

Non pechedes as liñas de comunicación. Cando o outro estea frustrado ou alporizado e diga algo pouco atinado, non vos ofendades e sede comprensivos (Xén. 16:5, 6). Sacade tempo para estar xuntos. Demostrádevos que vos queredes, tanto con palabras coma con feitos. Sobre todo, incluíde a Xehová no voso matrimonio estudando, orándolle e servíndoo xuntos (Ecl. 4:12). Cando as parellas están unidas, louvan o Creador do matrimonio, Xehová.

DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO TER UN MATRIMONIO MÁIS UNIDO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que sabemos que Shaan e Kiara se estaban a afastar un do outro?

  • Por que é tan importante comunicarse con sinceridade no matrimonio?

  • Como lles axudou o exemplo de Abraham e Sara?

  • Que fixeron Shaan e Kiara para ter un matrimonio máis unido?

  • Por que os casados non deben esperar que o seu matrimonio sexa perfecto?

Ter un matrimonio unido non é imposible!