A NOSA VIDA CRISTIÁ
Nova sección para comezar conversas
Desde xaneiro de 2016, a contraportada de La Atalaya (edición para o público) contén a sección “¿Qué dice la Biblia?”. Está pensada para axudarnos a comezar conversas sobre temas bíblicos. Cun formato similar ó das folliñas, contén unha pregunta de opinión, unha resposta baseada na Biblia, e varios puntos relacionados co tema pensados para conversar.
Con frecuencia, o que comeza cunha conversa agradable sobre un tema bíblico, acaba sendo un curso da Biblia. Anímate a usar esta nova sección para axudar a máis xente a saciar as súas necesidades espirituais (Mt. 5:6).
COMO FAGO?
-
Pregúntalle á persoa a súa opinión sobre unha das preguntas.
-
Escóitaa e agradécelle a súa resposta.
-
Le o texto bíblico que aparece baixo o título “¿Qué dice la Biblia?”, e a continuación pídelle os seus comentarios sobre o mesmo. Se ten tempo, continúa coa conversa usando un dos puntos que aparece baixo o título “¿Qué más dice la Biblia?”.
-
Ofrécelle as revistas.
-
Queda para volver e seguir comentando a segunda pregunta.