Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Campaña da invitación ó Congreso Rexional

Campaña da invitación ó Congreso Rexional

Tódolos anos agardamos con ilusión a xuntanza espiritual da que desfrutamos nos nosos congresos rexionais. Como queremos que outras persoas tamén gocen da bondade de Xehová, debemos esforzarnos por convidar a tódolos que poidamos (Salmo 34:9 [34:8, NM]). Os anciáns decidirán como distribuír as invitacións da mellor maneira posible.

QUE DEBEMOS TER EN CONTA

  • Cando se celebra o congreso ó que asistirei?

  • Cando empeza a campaña na miña zona?

  • Cando son as reunións para predicar na miña congregación?

  • Que obxectivos teño para esta campaña?

  • A quen teño pensado invitar?

QUE DIREMOS

Despois de saudar, poderías dicir:

“Estamos participando nunha campaña mundial de distribución desta invitación para un evento especial. A invitación indica a data, a hora e o lugar no que se vai celebrar. Encantaríanos que nos acompañase.”

COMO PODEMOS CULTIVAR O INTERESE

O noso obxectivo é convidar o maior número de persoas posible. Con todo, debemos estar pendentes de atender calquera mostra de interese que vexamos.

Durante a fin de semana, a maiores da invitación podes ofrecer as revistas.