Ir ó contido

Ir ó índice

JW BROADCASTING

Como instalar JW Broadcasting en Apple TV

Como instalar JW Broadcasting en Apple TV

Para ver JW Broadcasting en Apple TV, primeiro debes configurar o teu Apple TV e instalar a aplicación JW Broadcasting. Sigue as seguintes instrucións:

 Como configurar o teu Apple TV

O Apple TV vén acompañado de instrucións para configuralo e conectalo á Internet. Unha vez conectado o Apple TV, sigue as instrucións de configuración que aparecerán en pantalla para completar a instalación.

 Como instalar JW Broadcasting dende a App Store

Vai á App Store e instala JW Broadcasting seguindo as instrucións detalladas a continuación:

  • Move o dedo cara á dereita pola superficie Touch do control remoto Siri Remote ata que apareza a opción Buscar.

  • Preme na superficie Touch para acceder á opción Buscar e usa o abecedario que aparecerá para escribir “JW Broadcasting”.

  • Tamén podes premer o botón Siri e, sen soltar, dicir as palabras “JW Broadcasting.”

  • Destaca a aplicación e preme na superficie Touch.

Sigue as instrucións que aparecerán en pantalla para instalar a aplicación.