Conmemoración da morte de Xesús

Xoves, 2 de abril de 2026

Unha vez ó ano, as testemuñas de Xehová conmemoramos a morte de Xesús tal como el mandou cando dixo: “Seguide facendo isto en memoria de min” (Lucas 22:19).

Invitámoste a ti e á túa familia a asistir a este evento.

Preguntas frecuentes

Quen pode asistir?

Todo o mundo é benvido. Séntete libre de invitar a algún amigo ou familiar.

Canto dura?

Aproximadamente unha hora.

Onde se vai celebrar?

Contacta coas testemuñas de Xehová da túa localidade para saber onde se celebrará na túa zona.

Hai que pagar para asistir?

Non.

Farase algún tipo de colecta?

Non. Nas nosas reunións non se fan colectas (Mateo 10:8).

Como hai que ir vestidos?

Aínda que non hai que vestirse dunha maneira específica, as testemuñas de Xehová esforzámonos por vestir dunha maneira que demostre respecto por este evento sagrado.

En que consiste a Conmemoración?

Para comezar e rematar a reunión, cántase unha canción e unha testemuña de Xehová fai unha oración. O programa inclúe unha conferencia na que se explica a importancia da morte de Xesús e como podemos beneficiarnos do que Deus e Cristo fixeron por nós.

En que datas se celebrarán as próximas Conmemoracións?

2026: xoves, 2 de abril.

2027: luns, 22 de marzo.