Clasismo
Fan os antecedentes familiares, o nivel económico ou a raza que alguén sexa superior ós ollos de Deus?
Fei 17:26, 27; Rm 3:23-27; Gál 2:6; 3:28
-
Relato bíblico relacionado:
-
Xn 8:31-40. Algúns xudeus presumían de ser descendentes de Abrahán. Pero Xesús corrixiunos porque non actuaban coma Abrahán.
-
Temos algunha razón para menosprezar as persoas doutras razas ou países?
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Xon 4:1-11. Xehová ensinoulle con paciencia a Xonás que debía mostrarlles misericordia ós ninivitas, que eran persoas doutra nación.
-
Fei 10:1-8, 24-29, 34, 35. O apóstolo Pedro aprendeu que non debía considerar impuras as persoas doutras nacións. Grazas a iso puido axudar a Cornelio e ós da súa casa a chegar a ser os primeiros cristiáns incircuncisos.
-
Deberían os cristiáns ricos crerse superiores ós demais ou esperar un trato especial?
1Ti 6:17, 18; Snt 2:2-4
Ver tamén Dt 8:12-14; Xer 9:23, 24.
Deberían os superintendentes crerse superiores ós demais ou tratalos con dureza?
2Co 1:24; 1Pe 5:2, 3
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Dt 17:18-20. Xehová díxolles ós reis de Israel que non debían crerse superiores ós demais israelitas, porque para el todos eran irmáns.
-
Mr 10:35-45. Xesús corrixiu os seus apóstolos porque estaban demasiado interesados en ter autoridade sobre outros (ver tamén a nota de estudo “dominan al pueblo” en Mr 10:42, nwtsty-S).
-
Que é o que determina se unha persoa ten a aprobación de Deus?
Éx 19:5; Rm 10:12; 1Xn 2:17
Deberían os cristiáns involucrarse en movementos sociais que loitan contra as inxustizas?
Ef 6:5-9; 1Ti 6:1, 2
-
Relato bíblico relacionado:
-
Xn 6:14, 15. Aínda que moitas persoas esperaban que Xesús fixese reformas sociais, el non quixo que o proclamasen rei na Terra.
-